A Feculera de Ginzo S.L.

feculera-fe-y-trabajo-foto-godas

Cando eramos nenos nos anos 40 e 50 do século XX, inda non apareceran as teas de tergal ou fibras sintéticas e se utilizaba maiormente o algodón, nas nosas casas sempre había almidón en po, que se  extraía da pataca e da que en Xinzo tiñamos unha fábrica. As nosas nais o utilizaban como apresto para pasar o ferro ao pescozo das camisas e outras prendas de roupa que tiñan que manterse ríxidas e sen arrugas.

Chámase almidón de pataca, fariña de pataca ou fécula de pataca ao almidón extraído de patacas. As células do tubérculo de pataca conteñen grans de almidón. Para extraelo, as patacas machúcanse, liberando así os grans de almidón das células destruídas. Entón lávase, deixa decantar e sécase para obter un po. Na actualidade o almidón de pataca e os seus derivados úsanse en moitas receitas e  principalmente na fabricación e preparación de infinidade de produtos alimenticios. Tamén se usa en aplicacións técnicas como o engrudo para paredes, terminación e apresto de teas, fabricación de papel couché e como adhesivo de bolsas de papel e cinta engomada. Parece ser que en próximas datas se instalará de novo en Xinzo unha fábrica deste produto do que parece ser que hai unha crecente demanda.

1953-feculera-28-11-1953

En Xinzo existía entón a Feculera de Ginzo S.L., filial de Feculeras Española S.A., que estaba situada na estrada de Baronzás, nunha amplía parcela delimitada por dita estrada e as hoxe rúas Cruceiro e Marcelo Macías, instalacións e finca que chegaba case ata ao Grupo San Sebastián. A entrada estaba na esquina das estrada de Baronzás e a rúa Cruceiro (antes camiño do Formigueiro) tiña nela unha enorme báscula para pesar os carros e camións que chegaban cas patacas e as naves onde se completaba todo o proceso industrial da extracción da fécula. Traballaban nela cerca de 30 obreiros. Daquela non había desaugadoiros nin rede de sumidoiros, os residuos saían polos camiños e a zona apestaba a patacas podrecidas. Tiña unha fermosa finca chea de froiteiros aos que, a pesar de ter un bo peche, os rapaces íamos a roubar a froita.

feculera-1-foto-godas

Non coñezo a data de instalación en Xinzo, pero xa en 1945 aparece no programa das festas da vila como patrocinador da festa da patroa Santa Mariña. O seu peche debeu ser a finais dos 50 ou principio dos anos 60.

1945-1-f-corpus-an

Nas dúas fotos que se acompañan da feculera, dos anos 50 de foto GODÁS, podemos ver a celebración dalgún acto festivo, relixioso ou das festas patronais, no alto do arco decorativo dunha delas pode lerse o lema FE Y TRABAJO. En ambas posan para a posterioridade o persoal da fábrica do que case un terzo eran mulleres.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s