Grupo de vivendas sindicais Santa Marina.

Título vivienda Grupo Santa MarinaFotos dos anos 1955/56 e 1958 aproximadamente.

Plan Sindical de la Vivienda “FRANCISCO FRANCO”. “Programa 1955/56”. “Obra Sindical del Hogar y Arquitectura. 50 vivendas en Xinzo de Limia”.

Nunha das fotos podemos observar de pé a Cari Clemente, Darío Alonso Cerredelo, Mª Teresa Cerredelo, a miña irmá Viruca, Fina Cerredelo e Sita Fariñas Cerredelo. Ao fondo podemos ver as vivendas en construción das familiarmente chamadas Casas Baratas.

Grupo Sta Mariña en construcción - copia

Na outra podemos ver un grupo de mozas e dous nenos, debaixo do letreiro cos datos de construción das 50 vivendas. Ao fondo vense a obra das  catro vivendas de 1ª, limítrofes coa estrada. As vivendas laterais eran de 3ª e as do fondo lindan coa rúa Santa Mariña eran de 2ª categoría. Estas categorías viñan dadas pola superficie e número de habitacións do piso, xa que a calidade da construción era a mesma. A preferencia era sobre todo haber sido excombatente da guerra civil e o número de fillos do solicitante.

Grupo santa Mariña

Os pisos contaban con auga corrente dun pozo e depósito que tiñan as vivendas, algo que faltaba na maioría das casas de Xinzo, e baños modernos. A praza central tiña unha fonte no centro e estaba axardinada. Era tal o número de nenos nas vivendas que o xardín, utilizado para xogar, quedou arrasado en pouco tempo.

Na outra foto copia dun documento de entrega da casa que lle correspondeu a meus pais, de 1ª por familia numerosa, que foi entregado coas chaves polo “ministro Secretario Nacional del Movimiento” no ano 1958, cando xa levabamos algún tempo residindo nelas. A praza, para vergoña da vila, inda ten unha placa co nome de “Plaza del ministro José Solís”, cando no concello figura como Praza de Santa Mariña. Naturalmente foron entregadas con data 18 do Xullo.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s