O pasodobre: Ginzo de Limia. Himno oficial de Xinzo?

1929 Tuna Antelana 1929

No meu libro <<Xinzo de Limia na memoria>> indico os autores da letra e música do pasodobre Ginzo de Limia, que cantou a Tuna Antelana no Entroido de 1929. Con motivo da presentación dun himno a Xinzo de Limia da cantante María do Ceo, parece que algúns veciños consideran que o verdadeiro é o que se presentou en 1929, cuxa letra di:

Ginzo de Limia, hermosa villa

donde el Sol brilla con mucho ardor,

te saludamos con alegría

tierra bendita rayo de amor.

Bella Antelana pon atención,

lo que hoy expresa nuestra canción

y de tus labios queremos ver

una sonrisa linda mujer.

Tu eres la virgen de los amores,

tu la que indicas pasión y arte,

por eso vamos de tres colores

formando tuna para cantarte.

Unha nova versión en galego, tal vez con algunas modificacións na letra,  que segundo me contan, está compoñendo o mestre gaiteiro Fernando Dopico, sería:

Xinzo de Limia, fermosa vila

onde o Sol brilla con moito ardor,

nós saudámosche con alegría

terra bendita, raios de amor.

Bela Antelana pon atención,

o que hoxe expresa a nosa canción

e dos teus beizos queremos ver

un sorriso linda muller.

Ti es a virxe dos meus amores,

ti a que inspiras paixón e arte,

por iso imos de tres coorees

formando tuna para cantarche.

O autor da música do pasodobre foi o mestre Pena de Parada de Ribeira: O 23 de setembro de 1929 tivera lugar en Xinzo a acta de constitución da sociedade “Filharmónica Antelana” sendo elixido Presidente: Isacc Rodríguez Adanez. Na xunta celebrada o 9 de outubro acordan nomear director das agrupacións musicais a Xosé Pena Fuentes, con domicilio en Parada, e co soldo mensual de 100 pesetas, casa vivenda e luz necesaria, así como para o local de ensinanza. Neste acto o Presidente “dirige frases de encendido elogio al progreso y la cultura artística de la juventud de esta villa y engrandecimiento de esta sociedad”, expedindo certificación ao Sr. Pena deste acordo para a súa satisfacción e a efectos de toma de posesión. (Libro de actas da Sociedad Filharmónica Antelana). (Do meu libro: Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953). En 1930, existían dúas bandas de música no concello: a Lira Antelana dirixida por Xosé Álvarez e a Lira de Parada, que dirixía o musico Xosé Pena Fuentes. (Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).
A letra da canción foi cousa de Francisco Seijo Iglesias, naceu sobre 1875 en Ourense, cidade na que coñeceu a súa dona, natural de Ganade. Casou e trasladou a súa residencia a Xinzo. Coñecedor do oficio de reloxeiro por vía paterna, montou unha reloxería na praza da nosa vila, foi moitos anos encargado do mantemento do reloxo da igrexa vella. Home instruído e con gran facilidade para a escritura, a poesía e as coplas de Entroido e cencerradas, colaborou, fundou e dirixiu varios xornais en Xinzo, os de maior contido político e de ideas republicanas. Durante o ano 1919 é colaborador do xornal “Juventud”, onde escribe as crónicas máis duras e políticas contra os caciques locais e, posteriormente, é nomeado xerente deste xornal. Nesta época forma parte do Comité Republicano de Xinzo. Posteriormente foi fundador e director dos xornais: El Agrario en 1919 e El Látigo en 1923. (Resumo da súa biografía no meu libro A prensa en Xinzo de Limia, Século XX. 1911-1925).

1929 b

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s