Cafetería Pompeya (o bar do Marucho).

1723003_266127793549992_402278420_n

Fai uns días publiquei tres fotos de cómo era a antiga cafetería e como quedou despois de ser derruída para a construción dun gris edificio. A cafetería tiña una fermosa fachada de pedra con columnas que debeu ser conservada. Nun principio na parte superior, antes de construír a vivenda, era todo unha terraza.

Cafetería Pompeya

Na foto, posiblemente de mediados dos 60, que acompaño podemos ver a: Lisardo Castro (+), J.Luis Airas “sabidilla” (+), Celso Dobaño, Martín Domínguez e o Marra (+). Detrás do mostrador Mari  Villarino e unha amiga. Na outra foto podemos ver a un mozo Luís Ojea “Cañón” e un estiloso camareiro con boina vasca do que non sei o nome. A  ver se alguén o recochece.

Luis Ojea (Cañón) e o camarero do Bar Pompeya

O bar do Marucho foi inaugurado alá polo ano 1963/64 e estivo funcionando ata os primeiros anos deste século. Nel tiñan a parada os autobuses que ían ao País Vasco e Cataluña polo que era moi coñecido polos nosos emigrantes para os viaxes e envío de paquetería. Tamén era o refuxio dos afeccionados ao fútbol celtistas e madridistas para ver os partidos televisados. Lembro ver na súa tv en branco e negro, a final dunha Campionato de Europa entre España e Rusia na que España gañou esta competición por primeira vez. Estaba situado na esquina da avenida de Ourense coa rúa do Peto.

Era unha cafetería que tamén daba tapas e o Marucho, sempre con moito humor e retranca galega, as publicitaba na pizarra, algunhas había que preguntarlle de que tapa se trataba, xa que anunciaba: “lo que puede ser cualquiera” e se a pedías traíache “empanada”. Outra moi famosa era: “lo normal entre matrimonios” e o que che servían eran “morros”.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s