Parroquia de San Pedro de Laroá

 

Imaxe sedente de san Pedro na cátedra (Século XVII)

Unha das primeiras mencións coñecidas da Limia data do ano 909, cando se di, no Tombo de Celanova, da igrexa de San Pedro de Laroá: fundata manet in finibus Galletie, territorio Limie.

O mosteiro de San Pedro de Laroá estaba situado ao pé do Larouco nun lugar chamado Laroá, cuxo nome antigo foi Laragia, nome que tomaban -o río e o lugar- do monte a cuxo pé está fundado. Neste lugar, o cabaleiro chamado Bermudo comezou a edificar o mosteiro mais, por causa da súa prematura morte, rematárono os fillos e os netos: Fernando Guguineo, Humar Suceleuno, Alvaro Cidón e Bermudo, que terminaron a obra e dedicáronlle a igrexa ao apóstolo san Pedro. Chamaron para a súa consagración o bispo Asuero, que debía selo de Ourense, feito ocorrido na era de 917, que é o ano de Cristo 879.

Retábulo maior de estilo barroco

Bermudo II, no día primeiro de setembro de 996, dóalle ao mosteiro de Celanova a vila e igrexa de San Pedro de Laroá, que lle fora confiscada ao rebelde Osorio Díaz. Non cesaron con isto os favores do rei Bermudo. De alí a pouco concedeulle outro privilexio a Celanova: os vasalos de San Pedro de La Raya -que é o mosteiro ao que se referían nalgunhas escrituras como San Pedro de Laroá e noutras como San Pedro de La Raya-, doazón que foi feita no día 19 de xullo da era de 1034. Comeza entón o mosteiro de Celanova a gozar da posesión do mosteiro e dos vasalos de San Pedro de Laroá. Corenta anos despois era prior frei Vímara e era abade de Celanova Aloito, primo carnal de san Rosendo. Botou Vímara moitos anos como prior, e sentíndose vello, no ano de Cristo de 1045, recolleuse en Celanova, onde tomara o hábito, e fixo entrega do mosteiro de San Pedro de Laroá con toda a súa facenda e cos lugares que adquirira ao longo dos anos, que pertencían ao termo de Moreiras, o couto de Paredes, Bustillo, o termo de Damil, e o termo de Vilar ata o río Larigia. O mosteiro foi recibindo ao longo dos anos moitas doazóns, que acrecentaron o seu patrimonio. Chegou a ser dos medianos, de todos os da Limia, en relación coa súa riqueza económica. O derradeiro dato que se ten deste mosteiro é o dun privilexio que concedeu o rei Fernando el Magno, no ano de Cristo de 1164, ao cabaleiro máis rexio de Rebordechá, chamado Paio Díaz. Asinou este privilexio don Pelayo, abade de Celanova. Non se saben as causas polo que foi concedido, pero si que foi despachado na cidade de Compostela.O mosteiro de Rivera e de San Pedro de Laroá eran dominios do mosteiro de Celanova.

Torre da igrexa románica

No século XIV, un fillo de Rui Páez, Juan Rodríguez de Biedma, señor das casas de Biedma e Rivera, alcalde do rei en Allariz, obtivo a confirmación dos bens dos seus antecesores e San Pedro de Laroá pola rama dos Rivera.

No ano 1482, o abade e prior do mosteiro de Celanova presenta un preito contra Lopo do Rugueiro xuíz, Alvaro da Gumareta procurador, Pedro da Portela, Afonso de San Pedro, Afonso Carneyro e Afonso Ferreiro e contra os moradores e poboadores dos coutos de San Pedro de Laroá e de Rebordechá, pola súa xurisdición do couto de Paredes. Esixe e dá un prazo de sesenta días para que deixen e desembarguen os labradores, moradores do dito couto de Paredes, as súas herdades e os seus bens, e que lles entreguen os peñores que lle foron tomados e cesen de lles pór impostos e tributos, por non teren xurisdición sobre eles su pena déxcomunión mayor.

Altar lateral

Por unha visita pastoral feita a diversas parroquias da diocese auriense, no ano 1487, coñecemos a rapacidade dos señores contra as igrexas e o estado de pobreza dos templos aldeáns. Non só foron os condes de Monterrei e Lemos os que depredaron esta terra, senón que cantos eran patróns ou simples fidalgos rapinaban fanegas de pan, carneiros, porcos cebados, touciños e outros produtos da terra, sempre levados pola forza, ben do párroco  ben dos fregueses. San Pedro de Laroá era padroado de Sancho de Ulloa, conde de Monterrei pola súa filla Francisca de Zúñiga, e contaba con 25 veciños. A igrexa tiña un cálice de chumbo.

Relevo do retábulo principal

Infórmanos o abade Pedro González de Ulloa en 1777 dos antigos e barullentos preitos nobiliarios pola posesión do castelo e da torre de Portela da Pena. Don Sancho de Ulloa, primeiro conde de Monterrei, e a súa muller, Teresa de Zúñiga e Viedma, tiñan unha filla única, Francisca de Zúñiga, herdeira universal. Casou con Diego de Acevedo con quen tivo un fillo, don Alonso. Ao quedar viúva a dita señora, casou en segundas nupcias con Fernando de Castro e Andrade, conde de Lemos, de cuxo matrimonio naceu unha filla, Teresa, a quen beneficiaron cun morgado no ano 1515 en detrimento de don Alonso, o que daría orixe a un longo preito entre as casas de Monterrei e de Lemos. O documento tiña as seguintes cláusulas: Ítem le dejo a mi hija doña Teresa la villa y castillo de Villanueva de los Infantes, con los mismos cotos y tierra de Tredea (Todea?) e Rairiz de Veiga, y el coto de Mezquita y el de Sorbeira (Solveira?), y el coto Espinoso y el coto de Castillo. Ítem más, la mi fortaleza de Portela, con tierra de Portela. Ítem más, la villa de Villaderrey con sus alfoces e tierra de Canderrey, con el val de Fontearcada, con los cotos  y juzgados de Ababides, e río Freixo y el lugar y juzgado de Ginzo, con el coto de Ganade y de San Pedro de Laroá, y con la tierra y concejo de Abelenda y Rivera de Limia, y con más de mis casas fuertes de Aguiar de Mora y Randín, con toda tierra de Val de Salas, con la jurisdicción y juzgados de Requianes e Rebor da Chao, e Randín e Villamaior da Boullosa, Baltar, e concexo de Santa Marina, e Tosende, con el concejo e tierra de Araujo […], con todos sus vasallos, señorío y jurisdicción civil y criminal, alto y bajo, mero, mixto imperio, y con todos sus pechos y derechos y patronazgo y portazgos con todos sus frutos y rentas; y con todos los bienes propios que yo ende, he y tengo, con todos dichos lugares, etc.”.

Relevo do retábulo principal (2)

Segundo nos conta o abade Pedro González de Ulloa en 1777, San Pedro de Laroá era xurisdición de Pena da Portela e para o cura de presentación do conde de Lemos. A igrexa é das pezas eclesiásticas mellores da Limia. Polo censo de Floridablanca realizado en 1787, coñecemos que dos trescentos cincuenta e oito veciños de San Pedro de Laroá, un era cura; dous, militares; vinte e dous tiñan a categoría de fidalgos e cincuenta e sete eran labregos.

Conde-Valvís, ao relatar os feitos do convento do Bon Xesús da Limia coa chegada das tropas francesas en 1809, escribe con referencia ao escrito por Martínez de Salazar: “Al frente de los paisanos, murieron los padres Seguín y Veloso. El padre Seguín era natural de Ginzo de Limia, y el Padre Veloso murió en el atrio de la iglesia de San Pedro de Laroá, víctima del ataque de aquellas tropas. A cabalería de Franceschi andaba en misión de recoñecemento e de ladeamento do exercito: o xeneral Lorge cubría o flanco dereito, dende Xinzo a Xironda, pasando por San Pedro de Laroá, donde también mataron al cura por no entregarle los vasos sagrados.

Relevo do retábulo principal (3)

No século XIX, no Antigo Réxime, o que agora é o concello de Xinzo tiña a maior parte das súas parroquias na xurisdición de Xinzo señorío secular e xurisdición ordinaria polo conde de Monterrei. As excepcións eran: San Pedro de Laroá, Morgade e Pena, que pertencían á xurisdición de Torre da Portela. En 1927, Coa incorporación das sete parroquias que abranguía o concello anexionado de Moreiras, o termo municipal de Xinzo incrementou a súa superficie en 35,9 quilómetros cadrados, e a súa poboación en 1.460 habitantes. As sete novas parroquias eran: Santo Tomé de Moreiras, San Xoán de Seoane, San Salvador de Faramontaus, San Nicolás de Novás, San Pedro de Laroá, Santa María de Laroá e San Miguel de Gudín.

No ano 2010 a parroquia de San Pedro de Laroá tiña 373 habitantes, a igrexa con torre e boa imaxinería, sufriu diversas reformas (s.XVIII). En 1582 o entallador flamengo Aymon Pourchelet recibía o encargo dun retábulo para a igrexa, e del pode ser a imaxe sedente de san Pedro sentado na cátedra, que o presidiría; hoxe preside a capela maior un valioso retábulo barroco con tallas de san Paulo, san Xoán Evanxelista e relevos da vida de san Pedro, da vida de santo Antonio e do Evanxeo. Rechamante é o relevo da Resurrección, situado no sagrario do retábulo maior. A cruz procesional é do século XVII. A aldea de Rebordechá conta cun popular peto das ánimas e unha cruz de varal. En Paredes hai restos dun castro no lugar onde se pensa que estivo a antiga aldea de Xixirei. (Resumo do meu libro HISTORIA DE XINZO DE LIMIA. Fotos de Xosé Calleja López).

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s