CAMPAMENTO DA OJE (Organización Juvenil Española) EN MONTERREI (Ourense).

Arturo Manila, XX, Miro M.Cerredelo, J.Luis Nieto e Xabier Casares, campamento OJE Monterrei anos 50

Arturo Martínez “Manila”, X, Miro, José Luis Nieto “Bis” e Javier Casares

Nos anos 50, os actualmente coñecidos “campamentos de verán”, non existían. A única posibilidade de gozar de algo parecido era participar nos campamentos do Frente de Juventudes  de Falange Española. A afiliación era obrigatoria para os nenos e mozos ata os 17 anos. Posteriormente foi disolto o Frente de Juventudes e creouse a OJE sobre mediados dos 50, na que se utilizaba uniforme de pantalón curto e camisa de cor gris, con boina creo lembrar que era azul. En Xinzo o local do FJ estaba na Praza de San Roque e posteriormente trasladase a un baixo na estrada xeral no edificio do veterinario Euloxio de Castro. Funcionaba como unha sala de xogos e lugar de reunión para mozos e nenos.

Nos veráns realizábanse quendas de campamento en Monterrey aos que asistían nenos e mozos de Xinzo. Non recordo se foi cousa dos nosos pais ou nosa pero  un verán formei parte dun grupo de Xinzo que asistiu a unha das quendas, sobre 1956/57. Para nós era un soño vivir eses días ao aire libre e durmindo en tendas de campaña. Non lembro que medios utilizamos para chegar ao campamento, pero cos nosos uniformes e mochilas chegamos ao campamento onde nos instalaron en tendas de campaña, seis en cada unha. Eramos cinco de Xinzo, Arturo Manila, Luciano López “Chano”, J.Luís Neto “Bis”, Javier Casares e máis eu), tamén un de Ourense para completar a tenda.

Campameto da OJE en Monterrei, Javier Casares,José Luis Nieto e Miro Martínez Cerredelo

Javier Casares, José Luis Nieto e Miro Martínez Cerredelo

 

Ao levantarnos, mediante toque de trompeta, faciamos os nosos petates, e tras asearnos asistiamos ao izado da bandeira española, cuxo mastro estaba colocado no centro coas tendas de campaña aliñadas nos laterais da chaira e cantabamos cancións patrióticas: Prietas las filas, Montañas Nevadas, Gibraltar Español, Cara al Sol, etc. Dábannos unha curta charla patriótica sobre España e izábase a bandeira a toque de corneta e acabábase o acto cos berros de rigor.

Despois de almorzar, formabamos diante das nosas tendas e un mando pasaba revista, tamén o sacerdote que nos daba algunha pequena charla sobre relixión.  Facíamos formación militar (aprender a formar por orden de estatura, aliñarse, esquerda, dereita, media volta, etc). A continuación  pasabamos a mañá facendo actividades ou deporte e logo a comer. Terminada a comida, un bo intre de sesta. Horas de deporte, xogabamos ao fútbol ou exercicios físicos e atletismo e ao finalizar, a merenda, Outro bo intre de asueto e a continuación a cea tras a cal nos reuniamos ao redor do mastro e procedíase a arriar a bandeira coas arengas e cantos patriotas.

oje-orihuela-1971

Á noite era o mellor momento do día, o lume de campamento, sentados no chan en círculo ao redor do lume todos participabamos nesta actividade na que cada un saía a expoñer as súas calidades: cancións, declamacións, conta contos etc.etc. Sin luces e baixo o ceo estrelado, era un dos momentos máis fascinantes do día.

A última noite apenas durmimos, pois era a das trastadas: soltar os ventos da tenda, duchar con caldeiros de auga por sorpresa a quen non o esperaba, cambiar ou esconder os  zapatos que deixabamos fóra das tendas, etc. Logo de volta a casa e a contar aos que non foron as nosas experiencias dos días pasados no campamento.

1549550_753848597960000_995482080_n

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s