A Remy das cobras e outros feirantes en  Xinzo de Limia.

está sacada do libro www.teofilocomunicacion.comlibrosopnp_OurenseFoto de http://www.teofilocomunicacion.com

As feiras de Xinzo que se celebran os días 14 e 27 de cada mes foron, ata fai uns anos, as máis importantes da provincia. Por ela andaban cortabulsas, trileiros –o máis coñecido era o Titá–, charlatáns –famoso foi o chamado Mario–, que entretiña os paisanos coa poxa e venda de diversos produtos, en canto os carteiristas aproveitaban a concentración de paisanos para lles alixeirar as carteiras.

Curandeiros como a Remy, que con cobras no pescozo vendía ungüentos para curar todos os males, instalábase na rúa de San Roque unha das más transitadas na feira. Sempre había unha morea de xente, sobre todo nenos, arredor dela. Impasible voceaba a súa milagrosa crema que estendía sobre a curtida pel dos seus brazos berrando: ¡Buenaaa para el reúmaaa!! E segundo me recorda Cesáreo Rúa vendía o remedio: ¡una a tres pesetas y dos a un duro y al que compre dos se le regala uno más que son tres!! Tamén tiña una frase que repetía a miúdo ¡Verguensa me dá! ¡Que no me conozcan! Tiña un compañeiro ou axudante ao que lle decía ¡Felipeee! ¡saca la culebraa! Momento álxido para os nenos que fascinados e temerosos miraban como se movía a tapada cesta onde as gardaba.

Foto de Ourense no Tempo.Foto de Ourense no Tempo de Rafael Angel Salgado.

No verán aparecían polas feiras os vendedores de auga de limón para calmar a sede, quen non lembra o berro de ¡Aguaaa de limón frescaaa y dulceee! Tamén había nas feiras cantares de cego e moitos mendigos a pedir esmola. Os nenos, ao terminar a feira, ían ás zonas de venda de centeo para rebuscar no chan, á procura do valioso cornecho para sacaren unhas cadelas; outros, por uns céntimos, coidaban e gardaban no predio da igrexa vella en construción os burros, mulas e cabalos dos paisanos que viñan á feira. Á noitiña, e polos mesmos medios e camiños, todos os feirantes e clientes, ben comidos e bebidos, volvían para as súas casas e, como é sabido, cada un falaba da feira segundo lle fora nela. Por Edelmiro Martínez Cerredelo. (Este artigo xa foi publicado anteriormente no blog Ourense no Tempo).

Advertisements

One thought on “A Remy das cobras e outros feirantes en  Xinzo de Limia.

  1. Pingback: Outros feirantes: Topete e a Remy das cobras - Barriga Verde

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s