Edificios con historia: A casa do Ferrín

 

 

Foto dos anos 50 do século XXFoto da casa no anos 50/60 do século pasado.

Casa na esquina da actual Av. de Madrid coa rúa Dous de Maio. Nela estaba situada a tenda de Francisco Salgado “o Ferrín”, avó do actual propietario Xosé Luis Prieto, aberta seguramente a finais do s. XIX ou principios so século XX, quen en 1911 se anunciaba no xornal “El Eco Antelano” de Xinzo como: “Ferretería, quincalla y ultramarinos. Baterías de cocina y objetos para regalos”. Nesta casa tamén tiña Francisco a fábrica de chocolates “La Selecta”. Posteriormente nos anos 50 o seu fillo Antonio segue coa fabrica de chocolate pero co nome de Chocolates Berta.
En 1933 e por casar con Lola a filla de Francisco Salgado, o granadino José Prieto Puertas abre farmacia en 1933 na casa do seu sogro. Nace así unha saga de farmacéuticos: seu fillo José Luís en Xinzo e as súas netas Ana, farmacéutica en Lugo e presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, e Lola con farmacia na Coruña (o seu marido Pablo figura na actualidade como farmacéutico titular da farmacia Prieto de Xinzo de Limia).

Foto do edificoa na actualidade propiedade do neto, J.Luis Prieto

O edificio na actualidade sede da farmacia, óptica e ortopedia Prieto Vivanco. Foto de R. Sieiro.

A esquerda da foto pode verse un dos dous surtidores de Campsa que rexentaba meu pai Edelmiro Martínez Bouza, dende o ano 1952.
A rúa Dous de Maio debeuse construír a finais do s. XIX principios do s.XX, logo da terminación da estrada xeral N-525, en 1865, que sustituíu o Camiño Real de Tui a Castela (camiño de ferradura) que transitaba polas actuais rúas: Lepanto, Constitución e Galicia.

Publicidade de chocolates BertaPublicidade de chocolates Berta.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s