A parroquia de Santa María de Laroá na historia:

IMG_3953 O amigo Manolo Seoane fixo unha páxina no facebook chamada LAROÁ, para que todos os veciños e veciñas poidan subir fotos e lembranzas da súa aldea. Tamén colabora na páxina a miña estimada amiga Lucía Novoa, ambos os dous, son dos veciños máis ilustras desa aldea.Está moi ben que traten de recuperar a memoria de feitos e persoas de tempos pasados, e para colaborar e, nun homenaxe a eles, publico fotos e un extracto das varias citas que sobre Laroá figuran no meu libro Historia de Xinzo de Limia:

IMG_3973

Por unha visita pastoral feita a diversas parroquias da diocese auriense, no ano 1487, coñecemos a rapacidade dos señores contra as igrexas e o estado de pobreza dos templos aldeáns. Da parroquia de Santa María de Laroá e o seu anexo de Fiestras, padroado do bispo, tiña 23 veciños. Levaba por forza o conde de Monterrei dous touciños, dous carneiros e catro fanegas de pan, dende había corenta anos. A igrexa tiña un cáliz de chumbo.

IMG_3966

Nas distintas guerras co reino de Portugal, en 1706 os fidalgos da xurisdición de Xinzo e do resto da Limia: “…sirvieron a pié en el campo de Bangueses y Bande la campaña presente, según la orden del Excmo. Marqués de Hijar […] y de haber asistido en dichos campos, D. Joseph Alonso de la Torre, vecino de Santa María de Laroá, jurisdicción de Porquera. IMG_3961

En 1762, en virtude de ordes da capital da provincia faise unha nómina ou alistamento de nobres das xurisdicións para o real servizo e defensa do reino para as presentes guerras co reino de Portugal. Un dos alistados polo vigairo e veciños de Santa María de Laroá, xurisdición de Porqueira, foi o fidalgo Rafael Alonso de la Torre, que tiña o emprego de tenente capitán na compañía que fora destinada polo capitán xeneral deste reino a cargo do capitán en xefe da Sétima Compañía de Nobres do Val de Salas.

IMG_3959

Da relación de nobres de Santa Maria de Laroá, consta que os oito fidalgos nobres existentes na freguesía: “Se pueden presentar con arma y de a pie, por no de poderlo hacer de a caballo por su pobreza […] y ratificaron que son menores de los cuarenta años de su edad […] no lo firmaron por que dijeron no saber. Noutro documento pódese ler: En el barrio y fortaleza de Porquera a los veinticinco días del mes de Julio del año de 1772, Manuel Gómez Colmenero, teniente de juez ordinario en esta jurisdicción, manda que en atención de que D. Joseph Alonso de la Torre […] tiene de ser hijosdalgo legítimo, por lo que se le ordena se ponga sin dilación alguna y sin pérdida de tiempo en camino a la ciudad de Santiago u otra parte donde se hallare y esté la plaza de armas para la invasión que pretende el holandés e inglés, y más partes donde se le ordene al servicio de S.M. que Dios guarde. IMG_3954

Non debía ser fácil nestes anos a vida dos labregos pecheros, espremidos e explotados por cregos, fidalgos, mosteiros e nobres. O arrendatario das rendas dos votos que se pagaban ao apóstolo Santiago, que tiña a obriga de cobrar polas portas dos contribuíntes, imposto que se pagaba durante os meses de setembro e outubro de cada ano, non pasou a cobralos durante os anos 1768, 1769 e 1770. Tampouco enviou ministros que efectuasen a cobranza, e cando o fixeron, en xaneiro de 1771, abusaron no prezo, cargando custas e gastos indebidos: Os veciños queren que actúe a xustiza por mediación do xuíz protector e conceden poder para: “que se lo restituyan con las costas indebidamente cobradas […] y mientras tanto se sobresea en los apremios que están sufriendo los pobres y se toman contra el ministro y más autores, la correspondiente providencia para que también restituyan lo mal llevado […] y vengan a cobrar como corresponde. IMG_3951

Atópanse en parecidas circunstancias, en 1772, os veciños de Santa María de Laroá, xurisdición de Porqueira, cando na escritura de poder perante escribán manifestan que: “por cuanto el Ilmo. Señor Obispo de Orense es dueño y señor del directo dominio de dicho lugar, y que como tal percibe porción de renta de centeno, trigo y otras especies, y este canon y pensión, hay en la memorial costumbre de venir a cobrarlo […] por el mes de agosto de cada año o como más tarde a finales de septiembre […] el arrendatario en el año pasado del setenta y uno y al presente, en los dichos meses venir a cobrar, lo que no ha efectuado […] con el fin de evadirse de la cobranza de grano y hacerlo después en dinero a precios subidos, se le requirió […] y no quiso a venir […] y aunque le dieron varios recados y aún ante dos escribanos […] diciendo tenía otros quehaceres, que comiesen el pan que a él bueno le era el dinero […] Y como el presente año viniese a cobrar la renta […] y se le quisiese entregar la del pasado año en especie de pan, no lo quiso recibir, expresando lo había de cobrar a ocho reales el ferrado y que el que así no lo quisiese pagar, le había de acabar con pleitos. Precio supremo y cosa escandalosa […] cuando no subió el ferrado de cinco reales.

IMG_3950

Escribía o abade Pedro González de Ulloa en 1777: Santa María de Laroá, presentación e coto do bispo de Ourense; tiña como anexo o lugar de Fiestras, xurisdición de Xinzo. “Todos los vecinos de esta parroquia son bastante dóciles por bien cultivados”.

No censo de Floridablanca do ano 1787: Santa María de Laroá estaba habitada por douscentos cincuenta e sete veciños, entre eles un cura e un frade, trinta fidalgos, dous comerciantes, un avogado, dous comerciantes, un estudante e cincuenta e tres veciños dedicados a labranza.

IMG_3949

En 1794 posiblemente fíxose unha das primeiras recrutas de mozos para o servizo do exército: “Se manda que para el sorteo de cuarenta mil hombres que han de servir en los cuerpos del ejército durante la guerra con los franceses, se haga el alistamiento pueblo por pueblo. En Santa María de Laroá en la relación de inscritos y declarados se halla la partida que dice así: D. Fernando y D. Rafael Alonso de la Torre, hijosdalgo y capaces. Que son los únicos mozos que hay en dicho lugar. 

No ano 1809 cando os franceses estiveron en Xinzo: “[…] Bien que tuvieran auxilio de tropas [os veciños de Xinzo], harían en los franceses una horrible carnicería […] aunque los enemigos pasaban de 5.000 cuando entraron en Ginzo, al punto se extendieron a Laroá y pueblos inmediatos a la Boullosa, en donde se hallaba la nueva Junta”. E cando a tropa de Marquez da Boulloa notifica ao marqués da Romana: salí inmediatamente con 150 hombres armados y municionados, y habiendo encontrado en las alturas de Laroá noticia de que el enemigo se aproximaba en número de 4.000 hombres y entre ellos dos escuadrones de caballería, me retiré a este punto de reunión..” IMG_3946

Na actualidade a parroquia tiña 184 habitantes en 2010. A igrexa é de tradición románica con diversas transformacións posteriores. Perdeu a súa ábsida orixinal e as portadas. Da igrexa primitiva o máis evidente son os canzorros que aseguran os beirais da nave. Despunta a talla de san Xoán e da Virxe, que forman parte dun Calvario, obras do famoso escultor Francisco de Moure (s. XVII), situadas nun retábulo do século XVIII que substituíu o anterior, encargado por Moure ao entallador Pedro Brunes. Outra imaxe rechamante é a da Asunción. A igrexa conta con dous interesantes retábulos: un do século XVIII, que desenvolve un tema das ánimas do purgatorio e outro da advocación a san Xosé, da segunda metade do século XVIII. Nesta freguesía destaca a cruz procesional de prata e varios cálices dos prateiros ourensáns Rañoi e Laxe.

Fotos de Xosé Calleja López. (Do meu Libro: Historia dee Xinzo de Limia).

 

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s