AS RISCAS, o antigo balneario de Xinzo.

Antes de que na nosa vila se construísen as piscinas da zona do Toural, en Xinzo dispoñiamos de varias zonas de baño no noso río. Unha na zona de Barreiros, a máis próxima, á altura do polígono 2 entre a estrada de Baltar e a de Lamas; outra era no Mato, augas abaixo do río; e a máis concorrida que era <<As Riscas>>, que era unha zona do noso río, así chamada, que se atopaba entre os ríos Limia e Nocedo, augas arriba da ponte da estrada de Baltar nas proximidades de Xinzo, e lindante co comunal de Baronzás .

Nesa paraxe atopábase unha zona do río con variedade de pozos profundos e con outros lugares de menos calado, ideais para a práctica do baño tanto para adultos como de nenos. Dispoñía dunhas ribeiras con moita arboreda, taludes verticais desde os que se podían tirar de cabeza os máis ousados e outras ribeiras máis suaves con amplos areais e zonas de herba para poder tomar o Sol comodamente. Un lugar ideal para levar a merenda e relaxarse ao fresco dos calorosos veráns de entón.

No río había abundancia de peixes e troitas polo cal tamén era un lugar de recreo para os moitos e bos pescadores que en Xinzo había. Lembro algúns bos nadadores que mergullando nestas augas, conseguían pescar a man fermosas troitas que se atopaban escondidas entre as raíces das árbores da beira do río. Tamén e desgraciadamente algúns nenos perderon a vida afogados nestas tranquilas augas.

Todas estas zonas de baño, a ponte vella e a primitiva e serpeante canle do río desapareceron, a principios dos anos 70, coa concentración parcelaria e a canalización dos ríos Limia, Faramontaos e Nocedo. Fotos das Riscas, a maioría son dos anos 60 do século XX.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s