A FESTA DA SANTA CRUZ: Parroquia de Santa María de Lamas (XINZO DE LIMIA).

1491743_694775543915518_6549389375377181278_nPATRIMONIO CULTURAL DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA.

A FESTA DA SANTA CRUZ: Parroquia de Santa María de Lamas (XINZO DE LIMIA).
Celébrase a primeiros do mes de maio a festa da Santa Cruz, na que os mozos bailan a danza procesional de Lamas. Unha esquecida danza de orixe medieval, os famosos e lembrados danzantes, prohibida durante anos pola autoridade relixiosa (o bispo Temiño, de mal recordo, que acabou con moitas tradicións na diócesis de Ourense), que recuperaron os veciños da freguesía no ano 1981. É un espectáculo que mestura o rito pagán e o relixioso e marca o inicio da primavera; os bailaríns renden tributo a Cristo, á Virxe e mais á natureza.
Trátase dun baile en que oito mozos vestidos con camisa e polainas brancas, faldrón vermello e calcetíns e zapatos negros, portando unha coroa de flores na cabeza, recrean a antiga danza orixinal acompañados con paus e castañolas. Os danzantes executan diferentes partes dunha peza ata chegaren á capela, onde fan o trenzado dun pau de cintas.
Eu fun de neno moitas veces a esta festa, un ano fun “ofrecido”, vestido cun saio de tela que logo se subastaba ao remate da procesión na porta da capela. Así como outras ofrendas dos fieis, lacóns, xamóns, cachuchas, etc.
Do libro: “Historia de Xinzo de Limia” de Edelmiro Martínez Cerredelo.10334253_694775290582210_222013582877128343_n

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s