Os xigantes e cabezudos nas festas de Xinzo

11742779_514178052078297_5791089995128230234_n

Na foto en branco en negro podemos ver os xigantes e cabezudos que había en Xinzo nos anos 50. Estes xigantes representaban os Reis Católicos e viñeron a suceder outros que antano se coñecían como El Gigante y La Giganta, que facían lembrar os desaparecidos Chistera e Pallona que daquela se transportaban danzando polas rúas ao son dos gaiteiros os días das festas do Corpus, causando o deleite de nenos e maiores. Xinzo sempre tivo moita tradición de xigantes e cabezudos. Os que existen no concello na actualidade que representan a Décimo Xuño Bruto e a Inés de Castro, serían a terceira parella destes populares personaxes das nosas festas, feitos en 1985 polo obradoiro de plástica parateatral “TITIRITI” de Baiona. Os cabezudos actuais, son o DEMO por ser considerados nalgunha lenda así os habitantes da cidade de Antioquía), o ESMOLANTE (Xesús disfrazado de esmolante, na mesma lenda) e a VELLA (a vella que moraba nunha cabaña cerca da cidade de Antioquía e auxiliou a Xesús quentandoo no lume e lle deu unha cunca de leite de cabra e un anaco de bica, e a quen salvou do asolagamento da cidade, na que no seu lugar se atopaba despois unha lagoa.11214375_514178315411604_3931350927987983082_n 11742779_514178052078297_5791089995128230234_n

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s