A taberna do Benito

O Xinzo perdurable. Imaxes para a lembranza.

Da serie: Bares e cafés.

Unha das tabernas mais populares de barrio de abaixo, na rúa dos viños, era a taberna do Benito, na segunda fotografía coa súa esposa Sara nunha foto dos anos 70. Benito abriu o negocio no ano 1945 e permaneceu aberto ata a súa xubilación nos anos 80. Era un lugar pequeno cun mostrador reducido ao entrar á dereita no que servía o viño branco ou tinto de Monterrey nas típicas cuncas, ás veces directamente dos barrís que estaban á vista detrás do mostrador. Á entrada á esquerda unha escaleira sen pasamanos subía á vivenda na primeira planta. Como decoración, varios calendarios e un par de mesas con banquetas de madeira e o chan de terra. No reducido espazo debaixo da escaleira máis dunha vez cebouse un porco para consumo da familia. A taberna de Benito na Praza de Oriente era o lugar onde se refuxiaban os últimos noctámbulos da zona dos viños e onde se bebía e cantaba en moitas noites de parranda.
Na primeira foto Benito servindo tazas na “terraza” na Praza de Oriente. Os clientes son: Silverio, Antonio, Benito o taberneiro, Laso e Badaxas. Na terceira están o Benito, a súa filla Mª Dolores, Alfonso Rei, Eliseo e Cesar.

1013351_1005825562810513_30038946305815884_n 1933909_1005823706144032_7498112121868952219_n Benito, Mª Dolores, Lichas, Alfonso Rei,Eliseo e Cesar na taberna do Benito

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s