A lenda de SANTA MARIÑA, patroa de XINZO DE LIMIA. Festa que se celebra o 18 de xullo.

Talla antiga de madeira de Santa Mariña de Xinzo

Talla antiga de madeira de Santa Mariña de Xinzo

Unha das máis coñecidas lendas da Limia é a da vida, martirio e santidade da patroa da Parroquia de Xinzo: santa Mariña, virxe e mártir. A primeira recompilación histórica da vida da santa foi escrita polo bispo Muñoz de la Cueva no ano 1727, e leva por título: Noticias históricas
de la Santa Iglesia Catedral de Orense. O texto relata a vida da santa, que segundo Muñoz de la Cueva naceu no ano 123 en Antioquía.

A lenda conta que á Mariña, a quen lle morrera a nai ao nacer precisamente na cidade de Antioquía –que ocuparía o mesmo sitio que a actual vila de Xinzo–, sucedeulle que o seu pai Theudio, gobernador da provincia en tempos de Adriano, entregouna a unha ama de leite de Piñeira de Arcos para que a criase. Foi educada na fe cristiá, e por causa diso o pai repudiouna. Un día, cando tiña quince anos, estaba no monte apacentando ovellas e pasou o prefecto romano Olibrio, enviado polo emperador Adriano (117-138) a Galicia, que se dirixía dende o Forum Limicorum ao castro de Armeá; encaprichouse dela e quíxoa facer a súa esposa ou escrava, ao que se opuxo a moza. Fustrigárona e metérona no cárcere para que aceptase e renunciase á súa fe católica, mais non conseguiron amedrentala.

Logo de sometela a xuízo condenárona a morrer queimada nun forno, pero saíu completamente sa e liberada por san Pedro.
Finalmente ordenaron de lle cortar a cabeza, a cal rebotou tres veces ao caer e neses tres lugares abrollaron senllas fontes de auga. O seu corpo está enterrado na igrexa edificada por orde de Afonso II o Casto. Atopouse a súa tumba -nun proceso similar ao do apóstolo Santiago- na aldea que leva o seu nome: Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz.
(Do libro: Historia de Xinzo de Limia, de Edelmiro Martínez Cerredelo).
Foto da talla de madeira, da primitiva imaxe, de santa Mariña, gardada no sacristia da igrexa vella de Xinzo. Foto de Xose Calleja Lopez.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s