A aprobación do Estatuto de Galicia en dous concellos da Limia 28.06.1936

IMG_0334

En Xinzo de Limia xa en Febreiro de 1933 a dereita local estaba en contra dun Estatuto de Autonomía para Galicia, tal e como podes ver nos panfletos que se repartiron pola vila cos seus argumentos.

O día 28 de Xuño de 1936, domingo, celébrase o plebiscito do Estatuto de Galicia, no medio dun impoñente fraude (segundo a maioría dos historiadores) en toda Galicia; a xornada foi tranquila e no medio rural apenas acudiu a xente a votar, sendo oficialmente aprobado masivamente polo 75% dos galegos e con só un 25% de abstención. Este referendo agrava os enfrontamentos dos políticos e radicaliza aos elementos máis radicais da dereita secular e predispón aos máis indecisos a favor do golpe militar. As palabras de Calvo Sotelo no Congreso “prefiero una España roja antes que una España rota”, dá alas á violencia política e pon unha alfombra á intervención militar.

Os resultados oficias foron os seguintes:

Votantes 1.000.963 74,52%
SI 991.476 99,00%
Non 6.161 00,60%
Branco 1.453 00,10%

No concello dos Blancos a votación foi a seguinte: na sección de Loureses dun censo de 552 votantes, votaron a favor 91 electores e 11 en contra; na sección dos Blancos de 535 votantes, 105 foron polo si, cun só voto en contra; na sección de Nocedo cun censo de 456 votantes, votaron a favor 113 electores e 4 en contra. Da pulcritude das actas, case se pode asegurar que non debeu acudir ninguén a votar e foron posiblemente manipuladas para presentar un resultado aceptable.

No concello de Vilar de Santos celébranse as votacións na mesa de Vilar, baixo a presidencia de Antonio Santana e os adxuntos, Manuel Nelio e Manuel Morales; dun censo de 437 votantes votaron 300 -288 a favor, 8 en contra da aprobación e 4 en branco-.  Na mesa de Parada de Outeiro baixo a presidencia de Florencio Santás e os adxuntos, Xesús Xardón e Xosé Meire dun total de 534 electores, votan 84, con 75 a favor do estatuto, 6 en contra e 3 en branco. A abstención debeu ser masiva e posiblemente a votación amañada, pois nas listas de electores votantes non figuran os nomes dos mesmos e soamente consta o número de orden da votación e o número co que figura no censo electoral. Dá a impresión de que foron cubertas pola mesma persoa as listas das dúas mesas electorais[1]. (Do libro: “Historia e memoria. A LIMIA: 1931-1953”).

 

 

[1]  Arquivo Municipal do Concello Vilar de Santos. Expediente plebiscito Estatuto de Galicia. Caixa 148.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s