As antigas festas de Corpus Christi en Xinzo de Limia.

Nº 43

Hoxe domingo celebra a Igrexa a festividade do Corpus Christi que, por razóns de produtividade económica, se traslada dende o xoves ao domingo. Na nosa vila, antigamente, ata principio dos anos 50 celebrábanse as principais festas da vila, coincidindo con esta festividade. A chegada a diócesis de Ourense do bispo Temiño, prohibindo a celebración e coincidencia da festa relixiosa e pagá nas mesmas datas, acabou con moitas festas e tradicións.

Ata eses anos celebrabanse por separado as festas do Corpus e as da Santa Mariña. A partir de 1953 unifícanse as dúas festas, coincidindo co día da patroa. Os programas das festas de Corpus contaban con comparsas de xigantes[1] e cabezudos, gaitas, bandas de música, sesións de vermú e grandes verbenas con orquestras coñecidas: Los Chicos del Jazz, Casanovas, orquestra Jo, Bellas Farto, Continental, Florida, La Palma, Reñones etc. Sesións de foguetes do Eladio, afamado pirotécnico local. Disputábanse grandes partidos de fútbol, xincanas de motos e carreiras ciclistas. Impresionantes eran as sonadas procesións de Corpus Christi, ás que asistía xente vinda de toda a comarca e nas que participaban unha chea de rapazas figurando as Virtudes[2], os anxos e os nenos que fixeran a primeira comuñón aquel ano. (Do meu libro: Historia de Xinzo de Limia).

[1]    Estes xigantes representaban os Reis Católicos e viñeron a suceder outros que antano se coñecían como El Gigante y La Giganta, que facían lembrar os desaparecidos Chistera e Pallona que daquela se transportaban danzando polas rúas ao son dos gaiteiros os días das festas do Corpus, causando o deleite de nenos e maiores. Xinzo sempre tivo moita tradición de xigantes e cabezudos. Os que existen no concello na actualidade serían a terceira parella destes populares personaxes das nosas festas.

[2]     Con respecto a este acto relixioso das festas de Xinzo, escribía Otero Pedrayo en 1961: “A procesión de Xinzo ten moito que ver por outra causa: van nela unha chea de rapazas vestidas, figurando as Virtudes, anxos e outras representacións, en moito número. As vestimentas que hoxe levan semellan enteiramente modernas, e incluso un pouco de “guardarropía”.

B3 copiaAs Virtudes1Corpus-Saturia-cordero.1947Margarita CastroFoto nº 29

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s