A NOITE DE SAN XOÁN, A LIMIA E A LAGOA DE ANTELA: 

Torre de Pena

Unha das primeiras lendas desta terra máxica é a da cidade asolagada de Antioquía, nas noites de san Xoán, ao chegar a media noite, séntese o tanxer das campás das torres das igrexas da cidade asolagada.

Na lenda cóntase que os moradores da cidade adoraban o Sol e o galo, figura que destaca inda hoxe nas torres e campanarios de Galicia, e ave ademais que na actualidade figura no escudo de Xinzo. Deus decidiu castigalos pola súa herexía e destruír a cidade. Nunha tentativa de salvar as boas persoas que puidese haber en Antioquía, Xesús, vestido pobremente, baixou á Terra e petou en todas as portas da cidade pedindo caridade e hospitalidade, sen que en ningunha se lle prestase auxilio e sen que ninguén lle dixese sequera “Deus te axude”. E Deus castigou a cidade e os seus moradores, que quedaron mergullados baixo as augas da lagoa. Dende entón, relatan os campesiños
que nos días tranquilos e claros vense os galos e séntense os seus cantos para lles lembraren os pecados aos seus moradores e ademais que, nas noites de san Xoán, ao chegar a media noite, séntese o tanxer das campás das torres das igrexas da cidade asolagada e despois á mañá, cando os primeiros raios de sol brillan sobre as augas da lagoa, alá embaixo, ben alá para ao fondo, albíscanse os campanarios das igrexas. Di tamén a lenda que na noite de Nadal, ás doce en punto, óense cantar os galos e o tanxer das campás para lle recordar á xente os pecados dos seus moradores. Aseguran algúns que se oen voces a certas horas e épocas do ano, dos que pereceron na tremenda catástrofe e que, nun pozo que eles coñecían, podíase enxergar o curuto ou viraventos con forma de galo, e que este tamén cantaba para lembrar o desastre.

A lenda presenta moitas versións onde aparece inclusive a figura do rei Arturo: os mosquitos da lagoa serían, segundo a lenda, o seu exército encantado, esperando a que o rei dos celtas esperte do seu sono e volva da afastada illa onde está. Outra versión, que nos fornece o historiador B. Vicetto, di que nunha invasión dos galos, 900 anos a. de C., chegou o cabedel Kornterriben cos seus guerreiros ao outeiro onde hoxe está o castelo de Sandiás, que dominaba a chaira onde se atopaba a cidade de Antioquía. Cando pretendía tomala á mañanciña do día seguinte, a cidade desaparecera e no seu lugar había un amplo lago de azuis augas. Mais de todos é sabido que o Bión é o lugar idóneo para mesturar mito e realidade.
(Do libro: “Historia de Xinzo de Limia” de Edelmiro Martínez Cerredelo). Foto de Xosé Luís Martínez Carneiro.

Recompilação de ditados galegos sobre a noite de São João copiada do mural de Helena Villar Janeiro:

Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.

Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

No San Xoán as bruxas fuxirán.

Polo San Xoán, as nove co día darán.

O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.

Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.

Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.

Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.

Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.

Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.

==============================

Outros ditos galegos:

Noite de san Xoán: Queimar o vello para pedir polo novo…..noite de meigas e trasnos…¡que se vaia o malo e que veña o bo!!!

Ao saltar a cacharela: “Sálvame lume de San Xoán que non me trabe cóbrega nin can, nin bichiño derriba da terra nin debaixo dela”

Polo xan Xoán, sachas as patacas e recolle o pan.

Madrugada de San Xoán,  madrugada a máis garrida. Que baila o sol cando nace  e rí cando morre o día.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s