Galicia vista por un portugués. Interesante visión de Xinzo en 1905.

AoRLgoNCMAA6PUK2 Iglesia en 1904

(A parte da viaxe que reproducimos do libro comeza en Ourense)… Saímos de Ourense para Allariz ás 8 horas da noite do día 15 de xuño, cuarta feira, na dilixencia que vai por Xinzo de Limia para Verín. Na dilixencia catro curas, un coxo, eu, unha pequeniña que un cura guía ata Xinzo, e que de lá vai soa para Verín (5 anos)…chegamos ata unha aldea onde descansamos e mudamos de cavalos (6 cavalos e tres de fondo, na dilixencia)… (fan noite en Allariz). Neste punto da Galiza, onde nunca máis pasarei. Pasei a mañá neboenta, chuviosa, fría e ventosa do 16 de xuño de 1905. Ás 10 h da mañá sigo na dilixencia para Xinzo e dende alí para Verín. De Allariz a estrada é larga e corta o val, dereita á cadea de montes que a cinguen polo fondo…carros cargados, de toldo, catro ou cinco bestas, a un de fondo…moitos carros cargados. Danse os bos días. Todos os carreteiros de boina, manta e cara afeitada.  O cocheiro na subida baixase para excitar os cavalos que van lentos, de cabezas baixas. Aumenta o frío…Toda a estrada vai en zigzagueando na serra…As estradas son espléndidas, ben mantidas…e que caras deben de ter sido a súa construción…Os cocheiros excitan os cavalos berrando: Yo! Yo! ou Ya! Ya! Arriba la montaña! Batendo co cabo do chicote na táboa dos pes….Vento xélido na cara…pingos de choiva…Comezamos por fin a descender. Diante de nós, ala abaixo, un inmenso val, de grandes arboredos. Campos labrados. Gando magro pastando. Moi lonxe, a esquerda da estrada, alá en baixo, unha inmensa torre quebrada nun outeiro (Torre do Castro) –e máis adiante outra- moi lonxe (Pena)…Vamos sempre descendendo. Carballeiras magníficas, castiñeiros nos campos, cereixos e maceiras…árbores aos lados da estrada. Campos de patacas…Campo chato aos dous lados.É a lagoa de Antela, que atravesamos por unha ponte, toda rasa, con xuncos e pozas de auga, con una ribeira ao centro, toda assoreada e cuberta de herbas. É unha basta extensión maldita, sen árbores, sen herbas altas, sen arbustos, en cuxos bordes acaba a vexetación. Pasta algún gando, pouco..O terreo da lagoa é descomunal, lévanos cerca de 40 minutos atravesala. O frío aquí é horroroso, o vento agudo e xélido, chuvisca moi fría. Nos invernos con choiva o terreo da lagoa dá herba espléndida para o gando. Este ano todo está seco. Aldeáns con gando negro, e a palhota ao ombro. Comezan as árbores na estrada, que non había na lagoa, senón algunha árbore illada, moreiras, chopos, freixos. E a estrada entra en Xinzo de Limia. Grandes pataqueiras, centeo. Magnifica entrada de estrada arborizada, larga, facendo unha bonita alameda. Unha outra estrada converxe á nosa oblicuamente (estrada de Celanova). Nela carros chiando, gando, cavalos soltos e poldros da Galiza. O pobo é grande, a torre da igrexa alta, de dous pisos, dá as 12 horas do día. Sabugueiros en flor nas sebes, lino, verzas, xente na rúa, animación. Xantar, media hora de espera. Saímos cun cocheiro novo, que ten 16 anos e é lindo: louro, de cariña redonda…damos volta por unha rúa de árbores soberbias, onde se están facendo moitas casas novas. O vale extenso e largo continúa; a estrada é plana e con árbores magníficas. Un riacho corre a nosa dereita. De roda, campos de pataca e terras de mato, separadas por muros de pedra solta. Carballeiras pequenas, campos desafogados de centeio…O cocheiro canta cántigas onde entra “la Virgen del Pilar hermosa”, e é delicioso..perde un saco, e desengancha un cavalo, móntao a pelo, e volve a ver se o atopa…(Xa en Verín)…Falando de Xinzo non esquezo mencionar a gran beleza da alameda da saída para Verín, na larga rúa. Son árbores inmensas, aliñadas, de troncos dereitos, de gran follaxe, plátanos e moreiras verdes, que entra polas fiestras das casa desa rúa moi regular, ampla e mexida. Un gran mercado barullento e moi axitado, na praza que queda no ángulo das dúas rúas que a dilixencia atravesa, de roda da fonte. Choveu todo o día e noite; to en lama, a bosta de boi pisada chega ata os paseos de laxedo. Todos os comercios están cheos e a praza tamén: xente dos arredores mercando cousas, lenzos, louza de ferro esmaltado, e de barro, aviando receitas nas boticas, ferrando bestas, etc. Na praza e rúas, galegos en machos e cabaliños, de capa ou de manta, cargados de botorras e pantalóns de veludo, barba rapada, tipo pequeno e feo. Véndense na praza hortalizas, froitas, feixes de herba, cabritos, porcos brancos e pretos, corpulentos, que pasean e se mesturan por entre a xente. Moitos homes de palhoça. Mesmo polas estradas, atrás dos carros de bois, se atopan. Hai moitas casas que dan de comer, e venden pan e comestibles. Dentro, en bancos, vese a xente comer; mulleres e homes e curas. O caldo galego cheira –de verzas e carne. O cabrito asado aquí é superior, branco e tenro como a vitela. O viño do país es agreo e pouco cargado en cor, e o mesmo en Verín e Allariz. Domina o resoar dos zocos e a chafranafra dos contratos. Da mesma forma é soberbia e de ramos cruzados a alameda por onde se entra en Xinzo, indo para Verín. A poboación nada ten de notable é como Verín, rúas cumpridas, casas escuras e amarelas de granito, con brasóns algunhas, casas modernas, varandas de madeira, laxedo nas rúas con paseos laterais, igrexa do s. XVII, de dous pisos de varandas na torre, e cúpula de media cidra. Aí está… (Do libro: “Galiza, 1905” de Fialho de Almeida).

Nota: Traducido do portugués ao galego, prego desculpas polos posibles erros, algunhas palabras portuguesas foi imposible atopar a equivalente en galego.

A fotografía da igrexa de Santa Mariña de Xinzo, é do “Portfolio de Galicia” de Pedro Ferrer, 2º serie de 1904. Facilitada polo amigo Javier Torres. A destacar da foto que se observa que o atrio da igrexa era máis pequeno que na actualidade, xa que un muro o separaba da casa parroquial.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s