Historia e memoria (1948). A guerrilla actúa en Vilar de Barrio e Folgoso (Sarreaus)

Foto-nº-28-2

Historia e memoria (1948). A guerrilla actúa en Vilar de Barrio e Folgoso (Sarreaus):

Sobre as vinte horas do día 20 de abril de 1948, unha partida de cinco guerrilleiros, dirixíronse ao domicilio do alcalde de Vilar de Barrio, Tomas Fernández Llamas, segundo declaración do interesado que di: “le dijeron que no se asustara que venían con el objeto de hacerse cargo de cuarenta mil pesetas con que había sido sancionado por sus jefes por colaborar con Franco, no pasándole nada por no tener las manos manchadas de sangre (..) contestándole que ese dinero no lo tenía a lo que le contestaron que lo fuera pedir por el pueblo; saliendo la señora del atracado acompañada de uno de los desconocidos por el pueblo a recoger el dinero, regresando momentos después con quince mil pesetas que le había dejado, once mil el hermano político llamado, Gregorio Fernández y cuatro mil el vecino, Jaime Enríquez, que con lo que ellos tenían en casa hacen sobre unas treinta y dos mil pesetas, marchándose seguidamente y diciéndoles que podía dar aviso a la fuerza pues de no hacerlo seguramente le pasaría algo malo”. Mentres isto ocorría na casa do alcalde, outros guerrilleiros detiveron ao secretario de concello e outros veciños, levándoos ao establecemento de Eugenio Fariñas, onde estiveron retidos.

O gobernador militar informa ao xuíz militar dos feitos e manifesta: A mi llegada al lugar de los hechos, ya se encontraban en práctica de gestiones para la busca y detención de los autores, el Capitán de la 3ª Compañía y el Teniente Jefe de la Línea de Ginzo, que acudieron tan pronto tuvieron noticia, registrándose una vez más, la nula reacción ciudadana, ante casos de tal naturaleza, en razón a que dejaron transcurrir el plazo de quince horas, sin dar conocimiento a la fuerza del Cuerpo, circunstancia que pongo en conocimiento de la Autoridad competente a los efectos de pertinente sanción (…) se formaron nutridos grupos de fuerza (…) en número suficiente que batieron el terreno en distintas direcciones (…) únicamente se ha podido detener al sujeto, Antonio Lamelas Lozano, que se supone enlace de los bandoleros, al que se le ocupó una pistola del calibre 7,65 mm.(…) Obteniéndose la información de que se trata de elementos recientemente pasados de Francia, oriundos de estos términos municipales que con la consigna de carácter comunista, y que había huido al extranjero a raíz del Glorioso Movimiento Nacional (…)”.

A guerrilla volve dar un novo golpe en Folgoso (Sarreaus), ás dez da noite do día 27 de xuño. Cando Xulio Otero Folgoso se atopaba despachando na súa tenda a Francisco Lorenzo Laxe e Anxo Folgoso Laxe, oíron unha voz dende a porta que dixo: “no se muevan” eviron a un individuo descoñecido, pistola en man, penetrando seguidamente outros dous igualmente armados. Estes pedíronlle as armas que tivera, recolleron unha escopeta que había na casa, e dixéronlle que tiña que entregarlles vinte mil pesetas, cantidade da que non dispuña polo que só lle entregou catro mil pesetas que gardaba no dormitorio. Os guerrilleiros insistían en que debía de ter máis agochadas, ou no caso de non as ter que as pedise aos veciños. O tendeiro convenceunos de que non era posible que tiveran eses cartos,  eles advertírono de que o resto do diñeiro, ata completar a cantidade esixida, tería que telo preparado para cando volvesen, sen sinalarlle a data de recollida, baixaron á tenda onde incautaron novecentas vintecinco pesetas, deixando uns billetes de cinco e unha peseta, levando en total catro mil novecentas vintecinco pesetas. Pedíronlle ademais, catro botellas de sidra, unha de coñac e dúas de cervexa. Insistiron en pagarlle as corenta e cinco pesetas que lles pediu a vulto, a pesar de renunciar a elas Xulio Folgoso, por non estar en condicións de facerlle a conta, pago que fixeron cos cartos que lle acababan de quitar. Tamén deixaron propaganda política por riba do mostrador (ás revistas Guerrillero e Mundo Obrero que editaban no caserío da Edreira).

Os guerrilleiros eran tres dentro da tenda,  polos veciños sábese que fóra había máis, sen que se poida precisar o número exacto por ser de noite. Parece ser, segundo declarou o guerrilleiro Manuel Rodríguez González ao ser detido anos despois, que volveron logo de tres meses e recolleron unha cantidade aproximada de doce mil pesetas máis. Tamén declarou que sobre o día 29 intentaron dar un golpe contra o cura de San Pedro de Maus preto de Vilar de Barrio, “que resultó frustrado por haber hecho resistencia desde su domicilio”. A raíz deste suceso Xulio Otero Folgoso instalou o seu negocio en Xinzo. Continuará… (Do meu libro: Historia e Memoria. A LIMIA 1931-1953).

 

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s