Accións na Limia do Exército Guerrilleiro de Galicia. II Agrupación.  

 

Foto nº 27A guerrilla antifranquista comeza a actuar pola Limia no ano de 1948, o chamado Exército Guerrilleiro de Galicia. II Agrupación, ao longo do tempo estivo formada polos seguintes guerrilleiros: Saúl Mayo Méndez que era o xefe, Gumersindo Ansias “Sindo”, Raúl Castro Cao, Servando Cudeiro Prieto, Perfecto e Camilo Dios Fernández, Carmen Fernández Seguín; Benigno Fraga Pita “Alexandro” (o comisario político do grupo), César González González (vido dende Francia), Xosé María Martínez Cerviño “Xaime”, Manuel Novoa Barreiros, Máximo Novoa Rodríguez,  Antonio Pérez Barreiro “Cavila”; Enrique Rei Duran, Anxo Santos, Manuel Rodríguez González, Xosé María Saavedra Díaz (mozo socialista ferrolán), Lucio Saburido Feijoo; Anxo Santos Rodríguez “O de Flariz”, Xoán Selas e Xoán Sorga Rodríguez. Facendo un totalde vinte e un guerrilleiros que tiñan como campamento base o casarío da “Edreira” na Serra de San Mamede, sendo o caseiro do mesmo, Francisco Fernández Galán.

Sábese polas declaracións do guerrilleiro detido en 1950, Manuel Rodríguez González: “que actuó como enlace (…) realizando labor política (…) hasta que en el año 1948 salió al monte bajo las ordenes de un individuo llamado Saúl Mayo Méndez, que actuaba como Jefe supremo, llegando a ser hasta dieciocho individuos que actuaban en los pueblos de la región, saqueando las casas de los falangistas y personas que habían perjudicado a individuos de ideología izquierdista, consistentes en actos de imponerles determinadas multas en metálico, conminándoles a la entrega de estas mediante la amenaza de pasarle mayores males. Que de los que formaban el citado grupo murieron en diferentes refriegas con la Guardia Civil unos ocho individuos”. Noutro sumario consta o que dicían ao perpetrar os seus golpes de man: “Manos arriba, somos las fuerzas de la resistencia de la república y venimos por el dinero por estar multado con [e dicíanlle a cantidade que tiña que pagar de multa]”. 

Carmen Fernández declararía, ao ser detida, diante da Garda Civil,: “Que la principal organización de la Guerrillas del llamado Ejército Guerrillero de León y Galicia, radicaba en la Provincia de La Coruña, de donde recibían las instrucciones y también propaganda, aparte de la que ellos confeccionaban en ésta y que también había escuelas de terrorismo(sic)(así figura no atestado, supoñemos que ela diría loitadores da república ou guerrilleiros), existentes en Francia y que desde allí enviaban ciertos elementos a distintas provincias de España (…) que en cuanto a la finalidad que perseguían según ellos, era implantar un nuevo régimen adecuado a sus ideales”. Tamén declara sobre a súa estancia na “Edreira”: “Tenían en el caserío armas, bolsas de costado y demás indumentaria y además una imprentilla donde editaban la propaganda comunista y los llamados periódicos “Guerrillero” y “Mundo Obrero”(…)y que pagaban diariamente por cada uno [comida e aloxamento]la cantidad de veinticinco pesetas (…). 

Prensa clandestina que deixaban aos veciños logo das súas accións.Contaban coa colaboración do dono do casarío, Francisco  Fernández, a súa dona e máis as fillas, Beatriz e Dorinda, os guerrilleiros divertíanse alegremente con elas, especialmente os máis novos, tamén colaboraba outra filla Xosefa, casada en Toro (Laza). A resaltar que os guerrilleiros, durante as súas estancias nas diferentes casas dos colaboradores pola Limia adiante pagaban cada un, unha media de trinta pesetas, polo aloxamento e manutención, a cantidade entón era importante e unha fonte de ingresos para os paisanos nuns tempos cheos de dificultades económicas.

Moitos dos colaboradores eran tendeiros ou taberneiros, en moitos casos paisanos que foran membros de Sociedades Agrarias ou concelleiros durante a República, especialmente os do período da Fronte Popular no ano 36. A opinión sobre eles variaba segundo quén a emitise, a Garda Civil considerábaos “bandoleiros”, para os labregos eran os “atracadores” e para os antifranquistas “guerrilleiros da República”.(Continuará…) (Do meu libro Historia e Memoria. A LIMIA (1931-1953).

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s