Se quiebra el mágico cristal (Desaugamento da lagoa de Antela) por R. Otero Pedrayo

 

Após numerosos intentos de desaugamento, declárase de alto interese nacional en decembro de 1956 o saneamento e colonización da lagoa de Antela. O día 8 de setembro de 1958 comezaron as obras en Ponte Liñares, coa canalización dun tramo de 6,6 quilómetros do río Limia. Posteriormente, canalizouse o río da lagoa nun tramo de 7,5 quilómetros. A partir do ano 1962 fixéronse os restantes canais para a drenaxe do interior da lagoa. A canalización do río no tramo urbano orixina que sexa derruída a ponte vella do Toural, chamada do Cabo, que fora reconstruída en 1826. A chegada de obreiros do Instituto Nacional de Colonización –coñecidos dende entón como “os laguneros”–, e os investimentos efectuados crearon riqueza e dinamizaron na vida da vila; moitos destes traballadores establecéronse definitivamente na vila e formaron aquí familia. (Do meu libro: “Historia de Xinzo de Limia).

Con motivo do comezo das obras, Don Ramón Otero Pedrayo publica, no xornal “La Región” en  4 de outubro de 1958, un artigo titulado: “Se quiebra el mágico cristal”, do que polo seu interese histórico publicamos a fotografía. Preme sobre o artigo para aumentar o tamaño da foto.

La Región 4 de outubro de 1958

 

1009773_394903857286944_541782255_nObras lagoa005

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s