EN GALEGO, AGORA E SEMPRE. POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CEMITERIOS.

Que o patrimonio cultural galego é resultado das achegas que nos deixaron as xeracións que nos precederon, aos que temos que agradecer que nos transmitiran a cultura, unha lingua propia, a música popular e as tradicións orais.

Casa da Cultura de Xinzo de Limia

Casa da Cultura de Xinzo de Limia

Este patrimonio labrouse fundamentalmente nas aldeas e vilas, durante moitos séculos. Personaxes anónimos, homes e mulleres, que sen máis saberes que a tradición e o don da capacidade creadora, deron pé ó acrecentamento ininterrompido dese patrimonio cultural.

Os antropólogos dividen o territorio galego en parroquias de vivos e parroquias de mortos (os cemiterios); unha dentro da outra. Pero mentres a dos vivos falou sempre, e segue a falar maioritariamente a lingua galega, a dos mortos exprésase unicamente en castelán. Esta disfunción, froito de imposicións alleas, hoxe desaparecidas por unha lexislación que protexe á lingua galega, deixou prexuízos e inercias que debemos de superar.Placa colocada no cemiterio municipal de Xinzo de Limia 020

As lápidas dos cemiterios están escritas maioritariamente en lingua castelán (99%), cando os galegos tivemos como lingua de relación a nosa (noutro 91%).

As notas necrolóxicas (esquelas) que publican os medios de comunicación a cotío en galego, non representan nada máis que o 1,50% da totalidade.  Que acontece logo? O que xa todos sabemos e a sociolingüística demostrou hai tempo. Pero hoxe, cando as circunstancias políticas mudaron e a lexislación protexe as nosas sinais de identidade, cómpre arbitrar medidas correctoras para recuperar a presenza da nosa lingua noutros ámbitos sociais, tales como nos cemiterios.Acto da colocación dunha placa no cemiterio de Xinzo

A celebración do Día de Defuntos debémola aproveitar para render xusta e sentida homenaxe ós nosos falecidos e a institucionalización desta data como o  do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s