O escudo do concello de Xinzo de Limia.

Escudo de Xinzo de Limia

Escudo de Xinzo de Limia

Deseñouse o actual escudodo concello, que foi aprobado polo Real Decreto 771/1979 do goberno central, na etapa de alcalde de D. José Pérez Rodríguez.

O escudo está organizado do seguinte modo: partido e medio cortado. Primeiro: de prata, a banda de sabre, e posta en orla, a modo de broche sobre a banda, unha cadea de ouro de oito elos.

Segundo: de ouro, o galo[1] de goles. Terceiro: de sinople, dúas espigas de ouro pasadas en aspa. O timbre leva coroa real pechada[2].

[1] Dime o meu amigo D. José Pérez que, segundo escribe Benito Vicetto no tomo I da súa Historia de Galicia, páxinas 260-261 (edición facsímile de 1865), con respecto ao galo do escudo de Xinzo, “que se adora en toda la comarca de la Limia por ciertas razones”. É unha mágoa que o historiador non explique cales son esas certas razóns.

[2] As armas do primeiro cuartel do escudo corresponden aos Zúñiga, unha liñaxe que dominou o territorio de Xinzo de Limia e Monterrei. O galo e as espigas representan a riqueza agrícola e pecuaria do concello de Xinzo de Limia.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s